Disidencia
En Política, unha disidencia é o acto de discordar dunha política oficial, dun poder instituído (ou constituído) ou dunha decisión colectiva. Os individuos e grupos que optan pola disidencia son denominados disidentes. O termo é aplicado particularmente ás disidencias ocorridas en réximes autoritarios e totalitarios, como o da Unión Soviética so os gobernos de Stalin e Brejnev.
Aínda que análogo, o termo "Disidencia" non é sinónimo de oposición, que denota un grupo maior e estábel que discorda do poder establecido mais non o afronta con métodos ilegais nin se exclúe.
En xeral, disidencia é o nome dado a minorías que discordan do réxime e, moitas veces, optan por se excluír do enfrontamento, abandonando o país e denunciándoo no exilio.
O termo oposición tamén é preferido para réximes democráticos, mentres disidencia é máis usado no caso de ditaduras.