Estado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

O Estado é un concepto político que se refire a unha forma de organización social soberana e coercitiva, formada por un conxunto de institucións involuntarias, que teñen o poder de regulamentar a vida nun territorio determinado.

Índice

[editar] O concepto de Estado

O concepto de Estado difire segundo os autores[1], pero algúns deles definen o Estado como o conxunto de institucións que teñen a autoridade e potestade de establecer normas xurídicas que rexen a sociedade, tendo soberanía interna e externa sobre un territorio determinado. Max Weber, no 1919, definiu o Estado como unha unidade de carácter institucional que no interior dun territorio monopoliza para si o emprego da forza legal. Por iso, atópanse dentro do Estado institucións coma as forzas armadas, a administración pública, os tribunais e a policía, asumindo pois o Estado as funcións de defensa, goberno, xustiza, seguridade e relacións exteriores.

Probablemente a definición máis clásica de Estado foi a citada polo xurista alemán Hermann Heller, quen definiu o Estado como unha unidade de denominación, independente no exterior e no interior, que actúa de xeito continuo, con métodos de poder propios e claramente delimitado no persoal e territorial. Ademais, o autor engade que só se pode falar de Estado como unha construción propias das monarquías absolutas do século XV, durante a Idade Moderna. "Non hai Estado na Idade Antiga", sinala o recoñecido autor.[2]

Así mesmo, como evolución do concepto desenvolveuse o "Estado de Dereito" polo que se inclúen dentro da organización estatal aqueles resultantes do imperio da lei e da separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial) e outras funcións propias do Estado como a emisión de moeda propia.

[editar] Conceptos similares

  • Non debe confundirse co concepto de goberno, que sería só a parte xeralmente encargada de levar a cabo as funcións do Estado delegando noutras institucións as súas capacidades. O Goberno tamén pode ser considerado como o conxunto de gobernantes que, temporalmente, exercen cargos durante un período limitado dentro do conxunto do Estado.
  • Tampouco equivale totalmente ao concepto, de carácter máis ideolóxico, de "Nación", posto que se considera posible a existencia de nacións sen Estado e a posibilidade de que diferentes nacións ou nacionalidades estean agrupadas en torno a un só Estado. Comunmente os Estados forman entes denominados "Estado Nación" que aúnan ambos os conceptos, sendo habitual que cada nación posúa ou reivindique o seu propio Estado.

Existen distintas formas de organización dun Estado, podendo abarcar desde concepcións "centralistas" ás "federalistas" ou as "autonomistas", nas que o Estado permite ás federacións, rexións ou a outras organizacións menores ó Estado, o exercicio de competencias que lle son propias pero formando un único Estado; é o que sucede por exemplo en España, en Alemaña ou nos Estados Unidos.

[editar] Recoñecemento dos Estados

O recoñecemento é un acto discrecional da predisposición dos suxeitos preexistentes. Este acto ten efectos xurídicos, sendo considerados ambos suxeitos internacionais, o recoñecedor e o recoñecido, de igual a igual posto que se crea un vínculo entre os dous.

Hoxe en día a doutrina aceptada para o recoñecemento dos Estados é a doutrina Estrada, pragmática en tanto en canto un suxeito non sexa molesto para a sociedade internacional non vai ter dificultade para ser recoñecido. Enténdese que se un suxeito recoñece a outro vanse producir contactos entre ambos, polo que no momento no que se inician os trámites para o establecemento de relacións diplomáticas suponse que existe un recoñecemento internacional mutuo. Porén, a ruptura destas relacións diplomáticas non supón a perda do recoñecemento. Igualmente, unha simple declaración formal tamén é válida para recoñecer a outro Estado sen iniciar relacións diplomáticas.

[editar] Notas

  1. Segundo José Zafra Valverde, ex-Catedrático de Dereito Político da Universidade de Navarra, o Estado definiríase como:
    Grupo territorial duradero, radicalmente comunitario, estrictamente delimitado, moderadamente soberano frente a otros, que se manifiesta como máximamente comprensivo en el plano temporal y en cuyo seno, sobre una población, con creciente homogeneidad y sentido de autopertenencia, una organización institucional eminentemente burocrática, coherente y jerarquizada, desarrolla una compleja gobernación guiada conjuntamente por las ideas de seguridad y prosperidad.
    pax. 74 do primeiro dos dous tomos que explican esta definición. Libro: Teoría Fundamental del Estado. (Universidad de Navarra, Pamplona, 1990) ISBN:84-404-6076-7
  2. Heller, Hermann. "Supuestos historicos del Estado actual", FCE, Pag. 142.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas

Polecamy: Pozycjonowanie, wózki dziecięce, Kino domowe, Viagra, Kredyty